Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

 

MÁSTER INTERUNIVERSITARIO

 

 

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, en colaboración cos Departamentos de Matemáticas da Universidade da Coruña e o Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela ofrecen un Master Universitario en Técnicas Estatísticas e un Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa.

Toda a información referente a este programa oficial de Posgrado (obxetivos, materias, profesorado, horarios, etc.) poden consultarse na web http://eio.usc.es/pub/mte/

A docencia do Máster en Técnicas Estatísticas impartese a través dun sistema de videoconferencia. Deste xeito, os alumnos que se matriculan na Universidade de Vigo poden seguir as materias impartidas polos profesores de Santiago e A Coruña dende a aula de videoconferencia (Seminario 145) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.

O Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa foi recoñecido coa Mención hacia a Excelencia 2011-2014 que outorga o Ministerio de Educación a aqueles programas que superan un número de indicadores de calidade. Os doutores do Dpto. de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo participan en distintos proxectos de investigación competitivos autonómicos, nacionais e europeos, dirixen con regularidade teses doutorales, e publican decenas de artigos científicos cada ano en revistas de impacto internacional.

Contacto
Javier Roca Pardiñas
(coordinador do Programa Oficial de Postgrado na Universidade de Vigo)
Mail: roca@uvigo.es
Teléfono: (+34) 986 812492