O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo, en colaboración cos Departamentos de Matemáticas da Universidade da Coruña e o Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización da Universidade de Santiago de Compostela ofrecen un Máster en Técnicas Estatísticas e un Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa. Toda a información referente a este programa oficial de Posgrado (obxetivos, materias, profesorado, horarios, etc.) poden consultarse na web
http://eio.usc.es/pub/mte/
A docencia do Máster en Técnicas Estatísticas impartese a través dun sistema de videoconferencia. Deste xeito, os alumnos que se matriculan na Universidade de Vigo poden seguir as materias impartidas polos profesores de Santiago e A Coruña dende a aula de videoconferencia (Seminario 105) da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo.
O Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa foi recoñecido coa Mención hacia a Excelencia que outorga o Ministerio de Educación a aqueles programas que superan un número de indicadores de calidade. Os doutores do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo participan en distintos proxectos de investigación competitivos autonómicos, nacionais e europeos, dirixen con regularidade teses doutorales e publican decenas de artigos científicos cada ano en revistas de impacto internacional.
Contacto:
Leticia Lorenzo Picado
(coordinadora na Universidade de Vigo)
Mail: leticialorenzo@uvigo.es
|